III Xornada Circuíto Atletismo en Pista Pontevedra 2021.

A pista de atletismo do C.G.T.D. (Pontevedra) acollerá o mércores 02 de xuño a IIIª Xornada do Circuíto Atletismo en Pista Pontevedra 2021. Esta proba está organizada polo club Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e Supermercados Froiz
e coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

As táboas de triplo serán de 6 e 8 m. e carreira máx. de 15m. A táboa de lonxitude será de 3 m.

Os/As participantes no triplo sub 14 e no martelo Sub14-Sub16 terán 3 intentos.

Inscricións: ata as 22:00 horas do sábado 29 de maio de 2021 pola extranet da RFEA. No caso superar o límite de participantes, terán preferencia na admisión os atletas da entidade organizadora aplicarase o criterio de mellores marcas das tempadas 2020 e 2021 na proba correspondente.

 

Reglamento       Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.