Campionato de Galicia de Trail.

Trail Serra do Barbanza 2021 e VI Campionato de Galicia de Trail

A Delegación da F.G.A. en Santiago coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal e da Asoc. De Atletismo e Deportes do Barbanza organiza, por
designación da Xunta Directiva deste organismo, o Campionato Xunta de Galicia de Trail Runnig no concello de A Pobra do Caramiñal o día 30 de maio.

Poderán intervir todos/as aqueles/as atletas que teñan ficha pola F.G.A. na tempada 2021 dende a categoría Sub 20.
Admitiranse 200 participantes. No caso de que a inscrición supere este número terán prioridade as mellores marcas de inscrición por táboa W.A. nas
probas de 5000, 10000, 5k en ruta, 10 k en ruta e medio Maratón. E polo menos catro persoas por equipo.
As inscricións realizaranse ata as 20:00 horas do luns 24de maio de 2021.
 Realizarase unha clasificación individual e outra por equiposEmpregarase a suma dos catro mellorestempos de cada club, permitíndose a participación dun atleta asociado porclub.
Cada club so poderá participar cun equipo na categoría masculina e outro na feminina

Saída de Mirador da Curotiña (A Pobra). Distancia 24,8km aprox.

Aqueles/as atletas que desexen participar na premiación popular, deberán facer tamén a súa inscrición a través de páxina de inscrición de carreirasgalegas.com

Reglamento     Inscripciones Popular  Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.