XXXIV Campionato de Galicia Máster en Pista ao Aire Libre.

A Delegación da F.G.A. en Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra organizará, por designación da Xunta Directiva deste organismo, o Campionato Xunta de Galicia de Máster de Aire Libre o día 29 de maio.

As inscricións realizaranse  ata as 20:00 horas do luns 24 de maio de 2021.

A priori todos os atletas estarán confirmados nas probas nas que foran aceptados.

Cada atleta só poderá inscribirse nun máximo de 2 probas. 

En carreiras só poderá participar nunha que supere os 1000 metros. Para a proba de 5000 limitarase o número de participantes a 32. No resto de carreiras admitirase un mínimo de 4 atletas por categoría e proba, no caso de non completarse as series admitiranse cantos máis permita o horario. Terán preferencia atletas con marca.

 

Reglamento    Inscritos Inscritas

 

 

 Tamén o domingo día 30 de maio o Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra acollerá un encontro interclubes organizado polos clubs  Deportivo Pinarium e Atletismo Redondela.en colaboración con Concello de Pontevedra, CGTD, Federación Galega de Atletismo.

Ao ser unha competición interclubes, priorizarase aos atletas dos Clubes organizadores e o Clube colaborador Atl. Rías Baixas.

As inscricións faranse ata o martes 25 de maio.

O Límite de Particpacions será nas carreiras: 8 atletas en cada serie; concursos: 5 homes e 5mulleres en cada un.

Os atletas prebenxamíns/Sub8, poderán acceder cun acompañante maior de idade. As peticións de acreditacións dirixiranse a atleriasbaixas@gmail.com, ata o xoves 27 de maio.

 

Reglamento    Inscritos

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.