III Control Delegación de Lugo.

A Delegación da F.G.A. en Lugo coa colaboración dos clubes da provincia, organiza o IIIº Control Delegación de Lugo, o domingo 16 de maio, en xornada de mañá, na pista ao aire libre do Estadio Gregorio Pérez Rivera.

Poderán participar os atletas que teñan fichado ó longo da tempada actual (2021) por algún Club pertencente a Galicia e que pertenzan ás categorías sub-10 ata sub-14, agás na proba de lanzamento de disco que será dende sub-16 ata máster.

As inscricións faranse ata as 20:00 horas do martes 11 de maio. Non se admitirán inscricións fóra de prazo.

Existirá unha cota de inscrición de 3€ para todos os atletas.

Só se permite a participación en 2 probas por atleta (1 carreira e 1 concurso), na categoría sub-14 o límite serán 3 probas, (2 carreiras e 1 concurso ou 2 concursos e 1 carreira) soamente 1 carreira poderá ser superior a 250m.
Nos concursos os participantes terán 4 tentativas.

Reglamento       Inscritos

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.