Controis de Marcas A Coruña.

O Club Atletismo Sada organizará o próximo 14 de Maio nas pistas do Inef de Bastiagueiro o I Control de Menores Sada.

As inscricións pecharanse as 20:00 do luns 10 de Maio e terá unha cuota de 5€ por atleta.

Os atletas so poderán participar en 2 probas.

En caso de que haxa máis inscritos que os limitados, a orde de admisión é:
1.- Atletas do club organizador
2.- Atletas de clubes asociados
3.- Terán preferencia os atletas sen marca. Farase sorteo entre os atletas inscritos sen marca coas prazas libres.

 

 Reglamento        Inscritos

 

II CONTROL DE MARCAS RIAZOR CORUÑA

O Club Atletismo Riazor Coruña en colaboración con Concello de A Coruña e Universidade de A Coruña celebrará o luns, 17 de maio, nas pista universitarias de Elviña o II Control de Marcas. 

Aplicarase o criterio de selección de mellores marcas, conforme ós anos 2019 e 2020 na proba específica e similares (indicando marca e data no campo “dorsal).

As inscricións faranse ata as 22.00h do martes 11 de maio. Existirá unha cota de inscrición de 3 euros por atleta.

Poderanse admitir inscricións fora de prazo ata o xoves 13 as 20h enviando un correo ao clube (riazoratletismo@yahoo), que poderán ser admitidas o denegadas en función das prazas libres e segundo o criterio do director técnico do clube.

Esta Inscrición fóra de prazo ten unha cota de 5€.

Na proba de salto de lonxitude e triplo salto haberá tres intentos para as categorías sub10, sub12 e sub14; e catro intentos para o resto de categorías.

Reglamento     Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.