Ourense Termal Athletics Meeting 2021.

O Ourense Termal Athletics Meeting 2021 é un encontro incluído no calendario de competición nacional da Real Federación Española de Atletismo, que se celebra na cidade de Ourense o sábado, 8 de maio de 2021, na pista de Atletismo do Campus
de Ourense da Universidade de Vigo.
Organizado e patrocinado pola Deputación Provincial de Ourense, a Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, a Xunta de Galicia – Deporte Galego, o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e coa colaboración do
Club Deportivo Aurum e da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo.

Os/as atletas con Licenza FGA ou RFEA, realizarán a súa inscrición  dende o xoves, 22 de abril de 2021, ata as 22:00 h. do luns, 3 de maio de 2021.

Os/as atletas deberán aportar a súa mellor marca, obtida nas dúas últimas tempadas, na proba que participan.

Reglamento    Página Web + Info.  Inscritos

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.