IV Xornada Copa Deputación de Lugo.

A Delegación da FGA en Lugo coa colaboración dos clubes da cidade e co patrocinio da Deputación de Lugo, organiza a 4ª Xornada da Copa Deputación de Lugo, o domingo 9 de maio, en xornada de mañá, na pista ao aire libre do Estadio Gregorio Pérez Rivera.

As inscricións faranse ata as 20:00 horas do martes anterior á celebración das probas.
Existirá unha cota de inscrición de 4€ para todos os atletas que non pertenzan a clubes da provincia de Lugo, non estén empadroados en Lugo ou non estuden en Lugo.

Participación: Terán prioridade na inscrición os atletas lucenses sobre os foráneos. Nas series A dos concursos participarán os atletas coas mellores marcas.

As probas da categoría sub-8 serán exclusivamente para atletas da provincia de Lugo

Nos concursos os atletas disporán de 4 tentativas + 2 de mellora para os 4 mellores de cada proba (nas probas mixtas pasarán á mellora os 2 primeiros clasificados de cada sexo).

Reglamento       Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.