Controles Pista ao Aire Libre provincia Pontevedra.

Control FGA Pista ao Aire Libre.

A Federación Galega de Atletismo organiza o Control en Pista ao Aire Libre os días 8 e 9 de maio de 2021, nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra.

Nos concursos terán preferencia aqueles/as atletas que non teña marca dende o 1 de novembro da tempada 2020.

As inscricións faranse ata as 20:00 horas do luns 3 de maio. Existirá unha cota de inscrición de 4 Euros por atleta e proba.

 

Reglamento      Inscritos

 

II Control de Marcas A.V.A.

A Agrupación Viguesa de Atetlismo, coa colaboración do Concello de Vigo, organiza o «II Control de Marcas A.V.A. 2021», de atletismo en pista para categorías menores, a celebrar nas pistas do Estadio Municipal de Atletismo de Balaidos, o Domingo 9 de Maio, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuieces da Federación Galega de Atletismo.

Na inscripción terán preferencia na admisión os/as atletas da Agruación Viguesa de Atletismo e s seus clubes asociados, seguidos de atletas de clubes con un acordo de colaboración co AVA. Por último, aplicarase o criterio de atletas sen marcas na tempada 21 na proba correspondente, todo elo no caso de superar o límite de participantes establecidos por proba.

Admitiranse un máximo de 8 participantes por concurso.

As inscripcions realizaranse ata as 23:59 horas do Xoves 6 de Maio de 2021.

Reglamento      Inscritos

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.