XXXVIII Copa Deputación de Atletismo en Pista – 2ª Xornada.

A Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo e o seu patrocinador a Excma. Deputación Provincial de Ourense organizan o domingo día 2 de maio a 2ª Xornada da XXXVIII Copa Deputación de Atletismo en Pista na Pista Josefina Salgado no Complexo Polideportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar – Ourense.

Limitación na inscripción. Cada atleta poderá realizar un máximo de 2 probas, os atletas non absolutos solo unha proba pode ser superior os 200m.

Rexeitarase a inscrición dos atletas inscritos en máis de 2 probas, non serán admitidos en ningunha delas e non se admitirá a súa participación.

As inscricións faranse ata as 20.00 horas do xoves anterior a disputa da proba.

A organización priorizará a participación dos atletas con licenza por Clubes da Provincia de Ourense. Cada clube ourensán terá dereito como mínimo a un atleta por proba. No caso de ser superado o tope de inscricións, aplicarase o criterio de mellores marcas realizadas dende o 1 de xaneiro de 2020 na proba específica

Inscritos     Reglamento 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.