Control Federado de Marcas Noia.

O próximo domingo 2 de maio haberá un control de marcas nas Pistas Municipais de San Lázaro. Noia. A Coruña.
Este control esta organizan polos Club Atletismo Noia, Club Atletismo MillaRaio e Club Atletismo Fontes do Sar e conta coa colaboración do Concello de Noia, Federación Galega de Atletismo.

Establecerase un número máximo de 6 participantes por proba e serie, agás nos concursos onde será de 10; nos concursos estableceranse un máximo de 4 intentos por participante.
Priorizarase a reserva de prazas para os clubes organizadores. No caso de quedar prazas vacantes, aplicarase o criterio de selección por mellores marcas realizada na proba en cuestión nas tempadas 2020 ou 2021. Tódalas probas do control serán en horario de mañá.

Aplicarase unha cuota de 3 € A a aqueles atletas que non pertezcan aos clubes organizadores.

As inscricións faranse ata o mércores 28 de abril ás 22.00 horas.

Inscritos   Reglamento 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.