Anxela Seoane Campioa Galega dos 5.000 mts.

Desputaríase hoxe, nas pistas do Estadio Municipal de San Lázaro da localidade coruñesa de Noia; o Campionato Galego das categorías de 10.000 Absoluto e 5.000 Sub20 e Sub18. Xunto con esta competición tería lugar un control de marcas onde a atleta sub14 Marta Quiroga quixo seguir mellorando marca na proba lanzamento de xavalina, acadando unha distancia de 15.48 mts no seu lanzamento e colocándose sexta na clasificación definitva. 

A outra representante do noso club desplazada ata esa localidade sería a sub18 Anxela Seoane quen tomaría parte na probas dos 5.000mts e se proclamaría campioa galega cunha marca de 19:40.10.

Noutro orden de cousas, no día de hoxe tamén se disputou un Iº Control de Marcas Coruña Comarca – La Mochila del Deporte onde acudiu o atleta sub20 Martín Míguez quen continúa a pelexar por mellorar os seus rexistros na proba dos 800 mts, nesta ocasión obtería a terceira posición cunha marca de 02:02.71.

 

Resultados Control Coruña  Fotos     Resultados  Campionato+Control Noia   

 

Blanca Pereira 

 

Resultados  

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.