XLVII Trofeo Boa Vila

Comeza o Circuito de Atletismo en Pista coa disputa da primeira proba no C.G.T.D. de (Pontevedra) o mércores 28 de abril. 
Esta proba está organizada pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra co patrocinio do Concello de Pontevedra e Supermercados Froiz e coa colaboración da  Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Os/As participantes no triplo sub 14 e no disco Sub14-Sub16 terán 3 intentos.

As inscricións: ata as 22:00 horas do sábado 24 de abril.

No caso superar o límite de participantes, terán preferencia na admisión os atletas da entidade
organizadora e seguidamente os atletas das entidades do concello de Pontevedra. Por último,
aplicarase o criterio de mellores marcas das tempadas 2020 e 2021.

As probas serán para as categorías sub14 en diante e terán lugar en xornada de tarde.

 

Inscritos    Reglamento 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.