X Trofeo Club Deportivo Aurum.

O Club Deportivo Aurum coa colaboración da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo e da Universidade de Vigo e co patrocinio do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, organiza o X Trofeo Club Deportivo Aurum, que se celebrará o domingo 25 de abril en xornada de mañá, na Pista de Atletismo do Campus Universitario de Ourense.

A organización priorizará a participación dos seguintes atletas:
1. Atletas con licenza por clubs da Provincia de Ourense.
2. Atletas que NON dispoñan de marca realizada na tempada 2021.
3. Atletas que acrediten as marcas inferiores na tempada 2021.

Seguindo estes criterios, no caso de superarse o tope de inscricións, sortearanse as prazas.

As inscricións realizaranse na intranet da RFEA ata as 20:00 h. do martes 20 de abril de 2021.

A inscrición terá un custe de 3€ por dorsal.

Máximo 2 probas por atleta.

Inscritos      Reglamento 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.