XXXII Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Clubs.

A F.G.A organiza o XXXII Campionato de Galicia de Clubs ó Aire Libre o día 17 de Abril de 2021, nas pistas de atletismo do Estadio Municipal de Calabagueiros en O Barco de Valdeorras.

Poderán intervir un total de 8 clubs masculinos e femininos, estando convidados de forma directa os catro primeiros clasificados do Campionato de Galicia de Clubs da tempada 2018/19.

As inscricións realizaranse  ata as 20:00 horas do martes 13 de abril.

Cada Club participante deberá cubrir un mínimo de 15 probas, non admitindo aqueles que non cheguen a este mínimo. Por acordo da comisión de clubs, aplicarase a mesma normativa que a establecida pola RFEA para as súas competicións de clubs.
– Categorías Sénior, Máster, Sub23 e Sub20: unha proba individual e un relevo. (Pendente de confirmación realización de relevos)
– Categoría Sub18: tódalas probas autorizadas. Só poden facer unha proba individual e un relevo. De tal xeito que a suma das distancias percorridas si son carreiras non exceda os 510m. (Pendente de confirmación realización de relevos)
– Categoría Sub16: unha soa proba sempre e cando esta se contemple no cadro de probas válidas para esta categoría ou o 4×100. (Pendente de confirmación realización de relevos).

Horario de saída á pista límite de presentación en Cámara de chamadas (deberán presentar DNI ou calquera documento con foto): Os atletas deberán saír á pista coa camiseta e o dorsal postos.
– Carreiras e marcha: 7 minutos antes da hora oficial da proba.
– Carreiras con valados e relevos: 10 minutos antes da hora oficial da proba.
– Saltos (agás pértega): 20 minutos antes da hora oficial da proba.
– Pértega: 40 minutos antes da hora oficial da proba.
– Lanzamentos: 20 minutos antes da hora oficial da proba.

 

Reglamento      Inscritos

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.