V control Inverno F.G.A. ao Aire Libre.

A Federación Galega de Atletismo organiza o V Control en Pista ao Aire Libre 0 día 28 de marzo de 2021, nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra.

Participación:
• Nos concursos terán preferencia aqueles/as atletas que non teña marca dende o 1 de novembro da tempada 2020.
• Reparto de prazas: Sortearase unha letra a partir da cal serán asignadas as prazas por orde alfabético de apelido entre aqueles/as atletas sen marca. Despois e do mesmo xeito asignaranse entre aqueles atletas con marca.

Existirá unha cota de inscrición de 4 Euros por atleta e proba.

Serán probas para as categorías sub10 en diante e en xornada de mañá.

Inscritos     Reglamento 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.