Campeonato e Control en Pontevedra.

A Federación Galega de Atletismo organiza o Campionato de Galicia de 3000 m. Sub20 – Sub23 e 1500 e Campionato de Galicia de Medio Fondo – Fondo Máster, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra.

Cada atleta da categoría Máster, só poderá participar en 3 probas, das cales só unha carreira poderá ser superior aos 1000 m.
Aínda que este ano os campionatos de Galicia de pista cuberta Master celebranse en distintas sedes e distintos días, a nivel de limitacións de probas considéranse un só campionato. Valerán as marcas feitas dende o 1 de xaneiro de 2020.

As inscricións realizaranse ata as 20:00 horas do martes 16 de marzo do 2021.

Nos Campionatos de Galicia Individuais e por clubs, existirá unha cota de inscrición de 2 euros.

Reglamento     Inscritos

 

IV CONTROL INVERNO FGA PISTA AO AIRE LIBRE

A Federación Galega de Atletismo organiza o IV Control en Pista ao Aire Libre o día 21 de marzo, nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra.

Participación:
• Cada atleta só poderá participar en dúas probas.
• Terán preferencia aqueles/as atletas que non teña marca dende o 1 de novembro da tempada 2020.
• Nos concursos haberá 4 intentos.
• Reparto de prazas: Sortearase unha letra a partir da cal serán asignadas as prazas por orde alfabético de apelido entre aqueles/as atletas sen marca. Despois e do mesmo xeito asignaranse entre aqueles atletas con marca.
Na asignación de prazas o primeiro sorteo será para as probas de saltos. Para as probas lanzamentos a letra asignada será 9 letras máis no alfabeto castelán.

Excepcionalmente as inscricións faranse a través do sistema online da web da RFEA https://isis.rfea.es/sirfea2/ ata as 20:00 horas do martes 16 de marzo. Existirá unha cota de inscrición de 4 Euros por atleta e proba.

As probas serán para atletas das categorías sub14 en adiante.

Reglamento     Inscritos

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.