XIV Campionato de Galicia Sub10 – Sub12 – Sub14

A Federación Galega de Atletismo organiza o XIV Campionato de Galicia Sub 10, Sub12 e Sub14 de pista Cuberta o vindeiro sábado 20 de marzo na Pista Cuberta de Ourense en Expourense e o domingo 28 de marzo nas pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra.

As inscripcións realizaranse ata as 20:00 horas do martes 16 de marzo para as probas do día 20 e ata as 20:00 do luns 22 de marzo para as probas do 28 de marzo.

Limitación na inscripción: Cada atleta poderá realizar un máximo de 2 probas (no caso de ser carreiras só unha poderá ser superior a 100).

Nos lanzamentos e saltos horizontais cada participante poderá realizar 4 intentos.

Os concursos e as proas de velocidade e valados faranse o día 20 de marzo en Expourense. As probas de 500, 1000 e 2000 faranse en Pontevedra o día 28 de marzo.

SAÍDA A PISTA TRAS A PRESENTACIÓN EN CÁMARA DE CHAMADAS
Carreiras: 7 min antes da hora oficial da proba
Carreiras valadas: 8 min antes da hora oficial da proba
Concursos (agás pértega): 15 min antes da hora oficial da proba
Pértega: 25 min antes da hora oficial da proba
Entrada en Cámara de chamadas: ata cinco minutos antes da saída oficial a pista.

A participación estará limitada a 8 atletas nos concursos, 48 en velocidade 40 en valados e 24 en 500, e 16 en 1000 e 2000.
No caso de coincidir a mesma marca para clasificarse, admitirase aquela marca con máis antigüidade. Valerán marcas feitas dende o 1 de xaneiro de 2020

Nos Campionatos de Galicia Individuais e por clubs, existirá unha cota de inscrición de 2 euros.

Reglamento       Inscritos

 

V CONTROL INVERNO FGA PISTA CUBERTA

A Federación Galega de Atletismo organiza o V Control en Pista Cuberta 2021 o día 20 de marzo, na pista cuberta de Ourense en Expourense.

Excepcionalmente as inscricións faranse ata as 20:00 horas do martes 16 de marzo. Existirá unha cota de inscrición de 4 Euros por atleta e proba.

No caso de ser superado o tope de inscricións, aplicarase o criterio de mellores marcas, conforme ás tempadas 2018–2019, 2020 e 2021 na proba específica. Entre aqueles/as atletas inscritos/as sen marca, sortearanse as prazas por letra do apelido.

As probas serán pola mañá para atletas das categorías sub16 na proba de velocidade 60 mts e probase pola tarde para categoría sub18 na proba dos 200 mts.

Reglamento      Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.