XI Copa Deputación Lugo – 3ª Xornada

A Delegación da FGA en Lugo coa colaboración dos clubs da cidade e co patrocinio da Deputación de Lugo, organiza a 3ª Xornada da XI Copa Deputación de Lugo, o sábado 13 de marzo, en xornada de mañá, no módulo cuberto e na pista ao aire libre do Estadio Gregorio Pérez Rivera.

Atletas das categorías sub-8 ata máster.

As inscricións faranse ata as 20:00 horas do mércores anterior á celebración das probas. Existirá unha cota de inscrición de 2€ para todos os atletas que non pertenzan a clubes da provincia de Lugo, non estean empadroados en Lugo ou non estuden en Lugo.

Terán prioridade na inscrición os atletas lucenses sobre os foráneos. Os atletas poderán participar en 1 carreira e 1 concurso ou en 2 carreiras.

Nº máximo de series e tentativas:
• 500m: 3 series por categoría
• 3000m: 3 series masculinas e 2 femininas
• Salto Altura: 2 series por categoría.
• 800m: 2 series masculinas e femininas
• Lanzamento peso: 2 series por categoría e 3 tentativas.
• Salto Lonxitude: 2 series e 3 tentativas.
• 50-60ml: 4 series por categoría

As probas da categoría sub-8 serán exclusivamente para atletas da provincia de Lugo.

Reglamento    Inscritos M.Cubierto  Inscritos A.L.

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.