Campeonatos Próxima Semana Pista Cuberta.

XXXIV Campionato de Galicia Sub16 en Pista Cuberta

A Federación Galega de tletismo organiza o XXXIV Campionato de Galicia Sub16 en Pista Cuberta, na pista de atletismo de Expourense o día 13 de marzo en Ourense.

Participación:
Valerán marcas feitas dende o 1 de xaneiro de 2020.
Limitacións Sub 16:
Aínda que este ano os campionatos de Galicia de pista cuberta Sub 16 vanse a celebrar en distintas sedes e distintos días, a nivel de limitacións de probas considéranse un só campionato.
Cada atleta so poderá participar nun máximo de 2 probas. En caso de participar en dúas carreiras só unha delas poderá ser superior a 200 metros. Os atletas de probas combinadas so poderán competir nelas.
As inscricións realizaranse ata as 20:00 horas do luns 8 de marzo do 2021.

Nos Campionatos de Galicia Individuais e por clubs, existirá unha cota de inscrición de 2 euros.

Reglamento      Inscritos

 

XXXVI Campionato de Galicia Absoluto en Pista Cuberta

A Federación Galega de Atletismo organiza o XXXVI Campionato de Galicia Absoluto en Pista Cuberta, na pista de atletismo de Expourense o día 14 de marzo en Ourense.

Participación:
Valerán marcas feitas dende o 1 de xaneiro de 2020.
Limitacións Sub 16 e Sub 18:
Cada atleta so poderá participar nun máximo de 2 probas. En caso de participar en dúas carreiras só unha delas poderá ser superior a 200 metros. Os atletas de probas combinadas so poderán competir nelas.
As inscricións realizaranse  ata as 20:00 horas do luns 8 de marzo do 2021.

Importante: Pendente confirmación de horarios de presentación para a realización do test de antíxenos para atletas das probas de 400, 800, 1000, 1500 e 3000.
Nos Campionatos de Galicia Individuais e por clubs, existirá unha cota de inscrición de 2 euros.

Reglamento      Inscritos

 

XXXII Campionato de Galicia de Probas Combinadas en Pista Cuberta

 

A Federación Galega de Atletismo organiza o Campionato de Galicia de probas combinadas PC, na pista de atletismo de Expourense os días 13 e 14 de marzo en Ourense.

Participación:
A selección dos/as atletas participantes farase entre aqueles/as que teñan unha mellor marca nas probas combinadas, ou que a suma dos puntos das probas individuais que compoñan a súa combinada, sexa máis alta.

Nos campionatos de probas combinadas só poden participar atletas que acrediten rexistros no 40% das probas que compoñan
a combinada na que participen, e dentro de eses rexistros exista unha proba de carreira, unha proba de salto e unha proba de lanzamento.

Dada a actual situación de restricións de participación do Protocolo FISICOVID – DXT Galego limítanse as prazas a:

5 Abs homes
5 Abs mulleres
3 Sub 23 homes
3 Sub 23 mulleres
8 Sub 16 homes
8 Sub 16 mulleres

Limitacións por categoría:
Categoría Sub 16 e Sub 18
Cada atleta so poderá participar nun máximo de 2 probas. En caso de participar en dúas carreiras só unha delas poderá ser superior a 200 metros. Os atletas de probas combinadas so poderán competir nelas.
As inscripcións realizaranse  ata as 20:00 horas do domingo 7 de marzo do 2021.

Nos Campionatos de Galicia Individuais e por clubs, existirá unha cota de inscrición de 2 euros.

 

Reglamento    Inscritos

 

IV Control Inverno FGA Pista Cuberta

A Federación Galega de Atletismo organiza o IV Control en Pista Cuberta 2021 o día 13 de marzo, na pista cuberta de Ourense en Expourense.

Existirá unha cota de inscrición de 4 Euros por atleta e proba.

No caso de ser superado o tope de inscricións, aplicarase o criterio de mellores marcas, conforme ás tempadas 2018–2019, 2020 e 2021 na proba específica. Entre aqueles/as atletas inscritos/as sen marca, sortearanse as prazas.

 

Horario    Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.