El C.G.T.D. acogerá otros dos Campeonatos el día 6 de Marzo.

A Federación Galega de Atletismo organiza o Campionato de Galicia deMedio Fondo – Fondo Sub16 – Sub18 e o X Campionato de Galicia de Inverno Absoluto de Lanzamentos Longos na pista de atletismo do Centro Galego deTecnificación Deportiva de Pontevedra o día 6 de marzo en Pontevedra.

No campionato de lanzamentos longos admitiranse as 10 mellores marcas feitas dende o 1 de Xaneiro de 2020 ata o domingo anterior a competición. As marcas terán que ser feitas cos artefactos absolutos. De forma excepcional pódense admitir aquelas marcas que feitas con artefactos inferiores teñan claramente un maior valor.

Campionato de 400, 800, 1500 e 3000. Admitiranse as 24 mellores marcas en cada proba, reservando 8 prazas para aqueles sub 18 de primeiro ano que non teñan acreditadas marcas nas devanditas distancias. Tales marcas deberán estar entre as 12 primeiras do ranking galego 2020. (300, 600,1000)

Campionato de 600, 1000 e 3000. Admitiranse as 24 mellores marcas en cada proba, reservando 8 prazas para aqueles sub 16 de primeiro ano que non teñan acreditadas marcas nas devanditas distancias. Tales marcas deberán estar entre as 12 primeiras do ranking galego 2020. (500, 1000 2000).

Limitacións Sub 18 e Sub 16:
Aínda que este ano os campionatos de Galicia de pista cuberta Sub 18 e Sub 16 vanse a celebrar en distintas sedes e distintos días, a nivel de limitacións de probas considéranse un só campionato.
Cada atleta so poderá participar nun máximo de 2 probas. En caso de participar en dúas carreiras só unha delas poderá ser superior a 200 metros. Os atletas de probas combinadas so poderán competir nelas.

As inscricións realizaranse ata as 20:00 horas do luns 1 de marzo do 2021.

Nos Campionatos de Galicia Individuais e por clubs, existirá unha cota de inscrición de 2 euros.

Reglamento   Inscritos Medio Fondo  Inscritos Lanzamientos

 

A Federación Galega de Atletismo organiza o III Control en Pista ao Aire Libre o día 6 de marzo, nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra.

Participación:
• Cada atleta só poderá participar en dúas probas.
• Terán preferencia nas carreiras aqueles/as atletas que non teña marca na tempada 2021.
• Nos concursos haberá 4 intentos.
• Reparto de prazas: Sortearase unha letra a partir da cal serán asignadas as prazas por orde alfabético de apelido entre aqueles/as atletas sen marca.
Despois e do mesmo xeito asignaranse entre aqueles atletas con marca. Na asignación de prazas o primeiro sorteo será para as probas de velocidade. Para as probas de 500 a letra asignada será 9 letras máis no alfabeto castelán, e na proba de lonxitude serán outras 9 letras máis, e no peso 9 máis.

Excepcionalmente as inscricións faranse ata as 10:00 horas do mércores 3 de marzo.

Existirá unha cota de inscrición de 4 Euros por atleta e proba.

Inscritos   Reglamento 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.