XI Copa Deputación Lugo – 1ª Xornada

XI Copa Deputación Lugo – 1ª Xornada

A Delegación da FGA en Lugo coa colaboración dos clubs da cidade e co patrocinio da Deputación de Lugo, organiza a 1ª Xornada da Copa Deputación de Lugo, o sábado 27 de febreiro, en xornada de mañá,e tarde no módulo cuberto e na pista ao aire libre do Estadio Gregorio Pérez Rivera.

Poderán participar os atletas das categorías sub 16 ata máster.

As inscricións faranse ata as 22:00 horas do martes anterior á celebración das probas. Existirá unha cota de inscrición de
2€ para todos os atletas que non pertenzan a clubes da provincia de Lugo, non estean empadroados en Lugo ou non estuden en Lugo.

Terán prioridade na inscrición os atletas lucenses sobre os foráneos. Nas probas do módulo terán prioridade os atletas sub-16 sobre as demais categorías. Só se permite a participación en 2 probas por atleta.

Aqueles atletas que participen ou estean inscritos nos Controis da FGA do día 27/02/2021 de Ourense ou Pontevedra, non poderán participar nesta 1ª Xornada da Copa Deputación de Lugo.

Reglamento   Inscritos  A.L.      Inscritos P.C.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.