Competiciones Ourense.

XXXII Campionato de Galicia Máster en Pista Cuberta

A Federación Galega de Atletismo organiza o XXXII Campionato de Galicia Master en PC, na pista de atletismo de Expourense o día 27 de febreiro en Expourense.

Aínda que este ano o campionato de Galicia de pista cuberta Master vaise a celebrar en distintas sedes e distintos días, a nivel de limitacións de probas considéranse un só campionato.
Cada atleta só poderá inscribirse nun máximo de 3 probas. En carreiras o/ atleta só poderá participar nunha que supere os 1000 metros. Os atletas que fagan o péntatlon só poderán facer esa proba ese día.
Nos concursos haberá que acreditar unha marca feita no prazo que vai dende o 1 de xaneiro de 2019 ata o domingo anterior o campionato.
No peso, na lonxitude e no triplo haberá tan solo 4 intentos sen mellora No caso de haber moitos inscritos nos concursos poderase reubicar algún no campionato galego de inverno de 400/800/1500/3000 a facer o 21 de marzo de 2021.
Nas carreiras no caso de haber moitos inscritos pódense limitar a 8 os participantes por categoría e sexo.

As inscricións realizaranse ata as 20:00 horas do martes 23 de febreiro.

Nos Campionatos de Galicia Individuais e por clubs, existirá unha cota de inscrición de 2 euros.

Reglamento     Inscritos

 

Campionato de Galicia de Probas Combinadas Máster – Sub20 – Sub18 en Pista Cuberta 2021

A Federación Galega de Atletismo organiza o Campionato de Galicia de probas combinadas PC, na pista de atletismo de Expourense os días 27 e 28 de febreiro en Ourense.

A selección dos/as atletas participantes farase entre aqueles/as que teñan unha mellor marca nas probas combinadas, ou que a suma dos puntos das probas individuais que compoñan a súa combinada, sexa máis alta.

Nos campionatos de probas combinadas só poden participar atletas que acrediten rexistros no 40% das probas que compoñan
a combinada na que participen, e dentro de eses rexistros exista unha proba de carreira, unha proba de salto e unha proba de lanzamento.

Dada a actual situación de restricións de participación do Protocolo FISICOVID – DXT Galego limítanse as prazas a:

  •  8 Masters homes
  • 8 Masters mulleres
  • 4 Sub 20 homes
  • 4 Sub 20 mulleres
  • 4 Sub 18 homes
  • 4 Sub 18 mulleres

No caso de que na categoría Sub 18 ou Sub 20, non se completen as prazas ampliaríase o cupo na outra ata completar un total de 8 atletas. Aínda que este ano os campionatos de Galicia de pista cuberta Sub 20, Sub 18 e Master vanse a celebrar en distintas sedes e distintos días, a nivel de limitacións de probas considéranse un só campionato.

Limitacións por categoría:

  1. Categoría Sub 18
    Cada atleta so poderá participar nun máximo de 2 probas. En caso de participar en dúas carreiras só unha delas poderá ser superior a 200 metros. Os atletas de probas combinadas so poderán competir nelas.
  2. Categoría Sub 20
    Sen limitacións.
  3. Categoría Master :
    Cada atleta só poderá inscribirse nun máximo de 3 probas. En probas de concursos será necesario acreditar unha marca, da tempada en vigor ou das dos anteriores. En carreiras só poderá participar nunha que supere os 1000 metros. Os atletas que fagan o péntatlon só poderán facer esa proba ese día.

As inscricións realizaranse ata as 20:00 horas do domingo 21 de febreiro do 2021.

Nos Campionatos de Galicia Individuais e por clubs, existirá unha cota de inscrición de 2 euros.

 

Reglamento  Inscritos Máster Inscritos Sub20-Sub 18

LXIV Campionato de Galicia Sub18 – XLIV Sub20 – Sub23 en Pista Cuberta

A Federación Galega de Atletismo organiza os LXIV Campionato de Galicia Sub18 – XLIV Sub20 – Sub23 en Pista Cuberta, na pista de atletismo de Expourense o día 28 de febreiro en Ourense.

Participación:
No peso haberá 8 prazas para cada categoría.
Na lonxitude ,no triplo , na pértega e na altura, haberá 8 prazas para Sub 18 e 8 prazas a repartir entre Sub 20 e Sub 23 (participarán as mellores marcas reservando como mínimo 3 prazas para unha das categorías).
Valerán marcas feitas dende o 1 de xaneiro de 2020.

Limitacións Sub 18:
Aínda que este ano os campionatos de Galicia de pista cuberta Sub 18 vanse a celebrar en distintas sedes e distintos días, a nivel de limitacións de probas considéranse un só campionato.
Cada atleta so poderá participar nun máximo de 2 probas. En caso de participar en dúas carreiras só unha delas poderá ser superior a 200 metros. Os atletas de probas combinadas so poderán competir nelas.

As inscricións realizaranse ata as 20:00 horas do martes 23 de febreiro do 2021.

Nos Campionatos de Galicia Individuais e por clubs, existirá unha cota de inscrición de 2 euros.

 

Reglamento     Inscritos

III Control de Inverno FGA en Pista Cuberta 2021

A Federación Galega de Atletismo organiza o III Control en Pista Cuberta 2021 o día 27 de febreiro de 2021, na pista cuberta de Ourense en Expourense.

Excepcionalmente as inscricións faranse ata as 20:00 horas do martes 23 de febreiro.
Existirá unha cota de inscrición de 4 Euros por atleta e proba.

Na proba do 200 faranse 3 series en homes e 3 series en mulleres. Nas probas de 60 m.l. e 60 m.v. correrán xuntas as mellores marcas. Aqueles atletas que participen ou estean inscritos no II Control de Inverno FGA de Aire Libre do 27/01/2021, non poderán participar neste III Control en Pista Cuberta en Ourense 27/02/2021.

Reglamento    Inscritos

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.