Primeros Controles Marcas.

A Federación Galega de Atletismo organiza o I Control en Pista ao Aire Libre o día 20 de febreiro, nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecinificación Deportiva en Pontevedra.

Nos concursos de lonxitude e triplo poderán participar atletas dende a categoría Sub 14 ata Abs. Tendo preferencia de participación os/as atletas das categorías Sub 16, Sub 18 e Sub 20.

Excepcionalmente as inscricións faranse ata as 20:00 horas do xoves 18 de febreiro. Existirá unha cota de inscrición de 4 Euros por atleta e proba.  Concursos: 4 intentos por atleta.

Aqueles atletas que participen ou estean inscritos no II Control en Pista Cuberta en Ourense (20/02/2021) non poderán participar neste I Control de Inverno FGA de Aire Libre do 20/01/2021.

Reglamento     Inscritos

 

A Federación Galega de Atletismo organiza o II Control en Pista Cuberta 2021 o día 20 de febreiro, na pista cuberta de Ourense en Expourense.

Nos concursos de pértega e altura, poderán participar atletas dende a categoría Sub 14 ata Abs. Tendo preferencia de participación os/as atletas das categorías Sub 16, Sub 18 e Sub 20.

Excepcionalmente as inscricións faranse ata as 20:00 horas do xoves 18 de febreiro. Existirá unha cota de inscrición de 4 Euros por atleta e proba.

Na proba do 200 faranse 3 series en homes e 3 series en mulleres.Nas probas de 60 m.l. e 60 m.v. correrán xuntas as mellores marcas.
Aqueles atletas que participen ou estean inscritos no I Control de Inverno FGA en Pista ao Aire Libre 2021 en Pontevedra (20/02/2021) non poderán participar neste II Control FGA de Pista Cuberta do 20/01/2021.

 

Reglamento    Inscritos 

 

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.