Control Federado de Marcas en Noia.

Unha nova proba ven de convocarse o próximo sábado 16 de xaneiro nas pistas municipais de San Lázaro. Noia. A Coruña. Estará organizada polos clubes de atletismo: Club Atletismo Noia, Club Atletismo O Pino, Atlética a Silva, AmesAtletismo e SD Compostela Atletismo; e contan coa colaboración do Concello de Noia, e da Federación Galega de Atletismo.

Son probas en horario de maná e para tódalas categorías. 

As inscricións faranse a través do sistema online da web da RFEA ata o martes 12 de xaneiro ás 20.00 horas.

Establecerase un número máximo de 6 participantes por proba, agás nos concursos onde será de 8; nos concursos estableceranse un máximo de 4 intentos por participante.
Priorizarase a reserva de prazas para os clubes organizadores. No caso de haber vacantes darase prioridade a atletas sen marca na proba ou que non participasen en anteriores controis.Limitación de inscrcións. Un/ha atleta só poderá inscribirse en dúas probas como máximo, inda que priorizarase a participación do máximo número de atletas. 

 

Reglamento        Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.