VI Campionato de Galicia de Clubs Probas Combinadas en Pista Cuberta

A Federación Galega de Atletismo organiza o VI Campionato de Galicia de Clubs de probas combinadas PC, na pista do CGTD de Pontevedra os días 26 e 27 de decembro.

No Campionato de Galicia de Clubs de probas combinadas poderán participar todos aqueles equipos masculinos ou femininos que inscriban un mínimo de 3 atletas en cada sexo. Admitiranse 7 equipos de homes e 7 equipos de mulleres, participando aqueles que na inscrición teñan máis puntuación nas probas que compoñen o seu programa de combinadas. Reservaranse 9 prazas para aqueles atletas que sen completar equipo, teñan unha marca destacable ou a suma dos puntos das probas individuais que compoñan a súa combinada, sexa máis alta.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA  ata as 20:00 horas do martes 22 de decembro.

 

  Reglamento     Inscritos        

 

A Federación Galega de Atletismo organiza o III Control en Aire Libre o 26 de decembro de 2020 nas pistas de atletismo do CGTD en Pontevedra. As inscricións faranse a través do sistema online da web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 22 de decembro. Existirá unha cota de inscrición de 4 Euros por atleta.

Participación:
• Limitada a unha proba por atleta.
• Concursos: 4 intentos por atleta.
• A asignación de prazas será por orde de marca, no caso de non ter marca e non ter completadas as prazas, asignaranse por orde de inscrición.

Reglamento        Inscritos      

 

 

A Federación Galega de Atletismo organiza o IV Control en Aire Libre o 27 de decembro de 2020 nas pistas de atletismo do CGTD en Pontevedra. As inscricións faranse a través do sistema online da web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 22 de decembro. Existirá unha cota de inscrición de 4 Euros por atleta.

Participación:
• Limitada a unha proba por atleta.
• Concursos: 4 intentos por atleta.
• Nos concursos de lonxitude reservanse alo menos 10 prazas para atletas Sub 16 e Sub 18, no caso de que atletas de dita categoría estean entre as 10 mellores marcas dos inscritos, non sacarían praza reservada.
• A asignación de prazas será por orde de marca, no caso de non ter marca e non ter completadas as prazas, asignaranse por orde de inscrición.

Reglamento        Inscritos       Declaración Responsable

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.