V SAN SILVESTRE OURENSÁ

Sublime Deporte y Cultura S.L. e o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense coa colaboración da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo e o Club Deportivo Aurum organizan o xoves, 31 de decembro de 2020 a “V Carreira Popular San Silvestre Ourensá”.

 Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 16 años (o día da proba) que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización.
As inscricións realizaranse entre o 18 e o 27 de decembro de 2020 ás 23:59 h realizaranse a través da plataforma: https://www.carreirasgalegas.com/. 
O prezo da inscrición é de 7€.
Segundo o disposto no protocolo FISICOVID DXT GALEGO haberá un límite de 300 prazas, que se establecerán por rigoroso orde de inscrición.
Cada atleta deberá presentar un documento, ANEXO II, para indicar que nos 10 días previos non percibiu en si mesmo síntomas compatibles co COVID-19. Terá que cubrir con bolígrafo, asinar e entregar este documento impreso na entrada á Zona de Presaída.
Importante: Sen a entrega do documento non se poderá participar no evento.
O percorrido terá unha lonxitude de 5,25 km. aproximadamente, principalmente de terra compactada e tramos de asfalto e pedra. A Zona de Presaída e a Saída estarán situadas na explanada situada ao carón da Ponte Vella na marxe dereita do río Miño, baixo a rúa Ribeira de Canedo.
A Meta estará situada na Ponte Vella – Casa do Legoeiro.
Non se realizará cerimonia de premiacións o día da proba. Realizarase a entrega de premios na Casa do Concello de Ourense na data que lle será comunicada aos premiados.
 
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.