XIII Campionato de Galicia Sub10 – Sub12 – Sub14 en Pista Cuberta

A Federación Galega de Atletismo organiza o XIII Campionato de Galicia Sub 10, Sub12 e Sub14 de pista Cuberta o vindeiro sábado 19 de decembro do 2020 na Pista Cuberta de Ourense en Expourense e o sábado 26 de decembro nas pistas de
atletismo do CGTD de Pontevedra.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 15 de decembro do 2020. Tanto para as probas do 19 de decembro coma as do 26 de decembro.

Limitación na inscrición: Cada atleta poderá realizar un máximo de 2 probas (no caso de ser carreiras só unha poderá ser superior a 100 mts).

Os concursos e as proas de velocidade e valados faranse o día 19 decembro en Expourense. As probas de 500 e 1000 faranse en Pontevedra o día 26 de decembro ( a pesares de facerse algunhas probas en sedes e días distintos, considerase todo un só campionato a hora de facelas inscricións e aplicalas limitacións.)

A participación estará limitada a 8 atletas nos concursos, 32 en velocidade e valados e 24 en 500, 1000 e 2000.

Valerán marcas feitas dende o 1 de abril de 2019.

 

Reglamento     Inscritos      Declaración Covid   

 

  • VII CONTROL INVERNO FGA PISTA CUBERTA

A Federación Galega de Atletismo organiza o VII Control en Pista Cuberta o día 19 de decembro de 2020, na pista cuberta de Ourense en Expourense.

As inscricións faranse a través do sistema online da web da RFEA  ata as 20:00 horas do martes 15 de decembro. Existirá unha cota de inscrición de 4 Euros por atleta.

Na proba do 200 faranse 3 series en homes e 3 series en mulleres. O reparto das rúas será: as rúas 5 e 6 sortearanse entre as 6 mellores marcas, as 4 e 3 entre as 6 seguintes marcas e a rúa 2 entre as 3 derradeiras marcas, a rúa 1
quedará baleira. Nas probas de 60 m.l. e 60 m.v. correrán xuntas as mellores marcas.

Reglamento      Inscritos

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.