XXXVII Copa Deputación Ourense Atletismo – 4ª Xornada

A Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo e o seu patrocinador a Excma. Deputación Provincial de Ourense organizan o sábado 12 de decembro de 2.020 a 4ª Xornada de XXXVII Copa Deputación de Atletismo en Pista na Pista de Atletismo Cuberta de Ourense no recinto de Expourense.

Limitación na inscripción. Cada atleta poderá realizar un máximo de 1 proba. Rexeitarase a inscrición dos atletas inscritos en máis de 1 proba, non serán admitidos en ningunha delas e non se admitirá a súa participación.

As inscricións faranse a través do sistema online da web da rfea, ata as 20.00 horas do martes anterior a disputa da proba. A organización priorizará a participación dos atletas con licenza por Clubes da Provincia de Ourense.No caso de ser superado o tope de inscricións, aplicarase o criterio de mellores marcas realizadas dende o 1 de abril de 2019, e as marcas realizadas en probas similares tanto na pista cuberta coma no aire libre.

Reglamento    Inscritos         Declaración Covid

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.