IX Trofeo Club Deportivo Aurum

 

O Club Deportivo Aurum coa colaboración da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo e da Universidade de Vigo e co patrocinio do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, organiza o IX Trofeo Club Deportivo Aurum, que se celebrará o sábado 24 de outubro de 2020 en xornada de mañá, na Pista de Atletismo do Campus Universitario de Ourense.

A organización priorizará a participación dos atletas con licenza por clubs da Provincia de Ourense.

As inscricións realizaranse na intranet da RFEA ata as 20:00 h. do martes 20 de outubro de 2020.

Cada atleta poderá realizar so unha proba. Rexeitarase a inscrición dos/as atletas inscritos/as en máis dunha proba, non serán admitidos en ningunha delas e non se admitirá a súa participación. Nas carreiras admitiranse 8 participantes por serie e nos concursos 10 participantes.

É obrigatorio entregar na Cámara de Chamadas a folla de Declaración Responsable, dispoñible na web atletismo.gal, debidamente cumprimentada e asinada

Reglamento      Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.