Pontevedra sede dos Campionatos Galegos

XIV Campionato de Galicia Sub14 e XIX Campionato de Galicia Sub16 en Pista ao Aire Libre

O día 10 de outubro celébrase o XIX Campionato de Galicia Sub 16, e o dia 11 en horario de mañá o XIV Campionato de Galicia Sub 14, nas pistas de atletismo do CGTD en Pontevedra.
As probas de marcha en pista das categorías Sub 14 e Sub 16, celebraranse todas o sábado 10 pola mañá.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 6 de outubro do 2020.

Só poderán inscribirse nun máximo de dúas probas. No caso de participaren en dúas
carreiras só poderá realizarse unha de máis de 200 m.
Os/as atletas de probas combinadas só poderán competir nesta especialidade. As probas de marcha en pista das categorías Sub 14 e Sub 16, celebraranse todas o sábado 10 pola mañá.

 

Inscritos        Reglamento

  Declaración Covid

Campionato de Galicia de Probas Combinadas Sub 16 en pista ao aire libre.

A F.G.A. organiza o Campionato de Galicia de Probas Combinadas que terá lugar nas Pistas de atletismo do CGTD en Pontevedra o sábado 10 de outubro en horario de mañá e de tarde e o 11 de outubro en horario de mañá .

Participación:  8 atletas homes e 8 atletas mulleres categoría Sub 16.
Para participar clasificaranse os/as mellores atletas con marcas individuais en todas as probas de cada combinada realizadas dende o 1 de abril de 2019 ou na propia proba combinada.
Despois contaranse aqueles/as que non facendo todas as probas ou tendo marca na propia combinada (contan tamén as de PC) teñan polo menos marca nas probas individuais incluíndo sempre unha carreira de valos, unha lisa, un lanzamento e un salto.
Art.3) As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do luns 5 de outubro do 2020. 

 

Inscritos    Reglamento

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.