II Control Verán FGA – Menores

A Federación Galega de Atletismo organiza o II Control en Pista ao Aire Libre
o día 19 de setembro, na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación
Deportiva de Pontevedra.

Cada atleta retirará o seu dorsal na cámara de chamadas. Co horario
definitivo, publicarase o horario de cámara de chamadas, sendo imprescindible
entregar na retirada a folla de Declaración Responsable e o cuestionario de saúde
asinados.

Limitación na inscrición: Cada atleta poderá realizar un máximo de 2
probas, no caso de ser carreiras soamente unha poderás ser superior aos 300m.
Limitacións na participación nos concursos:
Concursos de lanzamento de xavelina e peso, 8 participantes e 4 intentos.
Concurso de salto de lonxitude, 10 participantes e 4 intentos.
Concurso de pértega, 10 participantes.

As inscricións faranse a través do sistema online da web da RFEA
(https://isis.rfea.es/sirfea2/ ata as 20:00 horas do martes 15 de setembro.

Horario Prov.    Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.