XXXI Campionato de Galicia Máster

A Federación Galega de Atletismo organiza o XXXI Campionato de Galicia Máster de pista cuberta que terá lugar na pista cuberta de Ourense o vindeiro sábado día 22 de febreiro.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA  ata as 20:00 horas do martes 18 de febreiro.
Unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición abrirase outra pasarela para poder facer inscricións fóra de prazo ata o xoves ás 14:00.

En probas de concursos será necesario acreditar unha marca, da tempada en vigor ou da anterior.

Limitacións de probas: Só poderán inscribirse nun máximo de tres probas, sendo soamente unha delas superior a 1000 metros. 

Existirá unha cota de inscrición de 3 Euros.

Reglamento  Inscritos

 

Paralelamente a Federación Galega de Atletismo organiza o VI Control en Pista Cuberta o día 22 de febreiro, na pista cuberta de Ourense en Expourense. As probas seran en horario de tarde e para categorías sub16 en diante. 

Existirá unha cota de inscrición de 3 Euros.

Reglamento  Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.