IX Campionato Galego de Lanzamentos Longos+III Control de Inverno

A F.G.A organiza o IX Campionato de Galicia Absoluto de Inverno, Sub 23 e Sub 20 de Lanzamentos Longos que terá lugar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra o vindeiro sábado día 15 de febreiro.

Poderán participar en cada especialidade os/as atletas que se inscriban coas 12 mellores marcas (4 Abs + 4 Sub 23 + 4 Sub20), conseguidas durante a tempada 2018/2019 ou 2020.
Pasarán á mellora as 8 mellores marcas, independentemente do atefacto utilizado.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 11 de febreiro. Unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición abrirase outra pasarela para poder facer inscricións fóra de prazo ata o xoves ás 14:00

Existirá unha cota de inscrición de 3 Euros

 

Reglamento    Inscritos

 

O próximo sábado, 15 de febreiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, vaise celebrar tamén un control de marcas.  Será co patrocinio de Supermercados Froiz e estará organizado pola  Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
Contando coa colaboración do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e Federación Galega de Atletismo.

A inscrición terá un custo de 2€ por atleta. 

As inscricións: ata as 23:59 horas do mércores 12 de febreiro.

As probas desputaranse en horario de tarde e estan dirixidas a atletas das categorías sub10 en diante segundo o reglamento abaixo recollido.

 

Reglamento    Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.