Xogade – Campo a Través – Campionato de Galicia 2020

Esta competición levarase a cabo o día 15 de febreiro de 2020 preto da Azucareira de Portas.

A proba está destinada ás seguintes categorías: sub12 (2009-2010) sub 14 (2007-2008) e Sub 16 (2005-2006) tanto nenos coma nenas. As carreiras organizáranse por categorías e por sexo. A inscrición dos/as participantes rematará o día 11/02/2020 as 20:00 h. e farase a través da plataforma de inscripción da RFEA.

Ubicación: https://goo.gl/maps/aQFviN343kjcLZnN9

Os/as participantes deberán identificarse en cámara de chamadas 15 minutos antes do inicio da proba, co carnet XOGADE ou DNI

Realizarase unha clasificación individual segundo a orde de entrada en meta e outra por equipos en cada unha das categorías. Para a clasificación por equipos terase en conta os/as tres (en cadetes) ou catro (no resto de categorías) primeiros/as atletas que cheguen á meta

Farase entrega dun PICNIC aos participantes e responsables que confirmen a súa asistencia.

 

Reglamento    Circuito      Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.