Campionato de España Marcha por Federacions

A proposta do Responsable do sector Carlos Morales e do Director Técnico da Federación Galega de Atletismo Carlos Castro, acábase de facer pública a relación de integrantes que tomarán parte ca Selección Galega no Campionato de España Sub 20 e Sub 16 de marcha por Federacións a celebrar o vindeiro 16 de febreiro en Torrevieja.

A esta importante cita da especialidade, acuden un total de 20 marchadores/as que terán como obxectivo estar preto dos postos importantes da competición.

Na relación de seleccionadas/os contamos  coa presenza dos atletas do noso clube:

  • Javier Malingre Sánchez
  • Rita Vázquez González  (reserva)
  • Brais Manso Delgado (reserva)

Destaca tamén a asistencia do membro do equipo técnico Francisco Javier Vázquez , que os acompañará nesta experiencia.

Cabe recordar que por marca obtida tamén ten a mínima para competir individualmente a atleta Silvia Ramos. 

A todos eles darlle a noraboa. 

Circular

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.