04 Feb I Control de Marcas en Pista ao Aire Libre.
O Concello da Pobra do Caramiñal e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, co control técnico do Comité Galego de Xuices da FGA, organizarán un control federado de marcas o vindeiro domingo 9 de febreiro no Estadio da Alta (Cabío, A Pobra do Caramiñal).
As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 22:00 horas do mércores 6 de febreiro.
Serán probas en horario de mañá.
Sorry, the comment form is closed at this time.