LXXXV Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual e Clubs

A Federación Galega de Atletismo e o Concello de Narón organizan o LXXXIV Campionato de Galicia Absoluto, Sub23 e Sub20 de campo a través individual e por equipos masculino e o LII Campionato de Galicia Absoluto, Sub23 e Sub20 individual e por equipos feminino o 9 de febreiro en Narón (Parque Marítimo de Xuvia).

Para o Campionato, a título individual, realizaranse as seguintes clasificacións: Absoluta (1997 e anteriores), sub23 (1998, 1999 e 2000) e sub20 (2001 e 2002) tanto en homes coma mulleres.

E para a clasificación por equipos utilizaranse as seguintes categorías: Sénior (1997 e anteriores) Sub23 (1998, 1999 e 2000) e Sub20 (2001 e 2002) tanto en homes coma mulleres.

Para poder puntuar por equipos cada Club deberá clasificar a 4 corredores/as que formen o equipo.

Os atletas Sub23 poderán formar parte do equipo absoluto, no caso de facelo só o farán nesa categoría. Na isncripción deberá indicar no campo dorsal “absoluto” para que se puntúe nesta categoria. Nestas clasificacions por clubs somentes contaranse os 6 primeros atletas en cruzar a linea de chegada de cada club, con independencia do número de atletas que tomaran a saída.

Existirá unha cota de inscrición de 3 Euros.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web daR.F.E.A , como data límite o martes 4 de febreiro ás 20:00 horas. Unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición abrirase outra pasarela para poder facer inscricións fóra de prazo ata o xoves ás 14:00.

 

Reglamento  Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.