V Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos Máster

A Federación Galega de Atletismo organiza o IV Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos Máster, que terá lugar en Pontevedra o día 8 de febreiro.

Existirá unha cota de inscrición de 3 Euros 

O péntatlon de lanzamentos consta das seguintes probas e orde: Martelo, Peso, Disco, Xavelina, e Martelo Pesado. Será obrigatorio ter unha marca acreditada nun mínimo de tres das cinco probas.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 4 de febreiro do 2019.
Lémbrase a obrigatoriedade de especificar a data e lugar da marca nas inscricións. Unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición abrirase outra pasarela para poder facer inscricións fóra de prazo ata o xoves ás 14:00.

 

Reglamento    Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.