XXXI Campionato de Galicia de probas combinadas

A Federación Galega de Atletismo organiza o XXXI Campionato de Galicia de probas combinadas Sub16, sub18, Sub20, Sub23, Absoluto e Máster o 18 e 19 de xaneiro na pista cuberta de Ourense en Expourense. Poderán intervir todos/as aqueles/as atletas das categorías Sub16, Sub18, Sub20, Sub23, Absoluto e Máster situados entre os 8 primeiros/as (12 primeiros/as na categoría sub16) do ranking galego da tempada 2018-2019 e/ou 2020.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA  ata as 20:00 horas do martes 14 de xaneiro. Unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición abrirase outra pasarela para poder facer inscricións fóra de prazo ata o xoves ás 14:00. O director técnico determinará cales delas se aceptan en función do horario e da posible repesca de atletas. Multa por fóra de prazo de 3 euros.

Reglamento  Inscritos Máster

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.