XIX CROS ANDRÉS ABANQUEIRO

A Agrupación Viguesa de Atletismo, co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia,  ZUNFER Motobombas e Froitas NIEVES e a colaboración da Universidade de Vigo, organiza o “ XIX CROS ANDRÉS ABANQUEIRO”, que se celebrará o Domingo, 12 de Xaneiro, a partir das 10.30 horas, baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Delegación de Vigo, no Campus Universitario de Lagoas Marcosende.

INSCRICIÓNS: Cada Club, Centro, ou atleta individual, deberá enviar a súa inscrición por categoría e sexo, por escrito ata o día 9 de Xaneiro, facendo constar o seu Nome, Apelidos, Data de nacemento, nº de Ficha, e Centro ou Club. As inscricións deberán enviarse ao correo electrónico ava.atletismo@gmail.com.
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.