IV Torneo Solidario de Nadal Celta de Atletismo

O Grupo Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Patrocinadores e a participación da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizará no mes de decembro o “IV TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO”.

Terá lugar o vindeiro sábado 21 de decembro a partires das 10:00 horas na Pista Municipal de Atletismo de Balaidos (Vigo).

Poderán participar todos aqueles nenos e nenas de clubs e centros escolares de categoría SUB-8 ata a categoría SUB-16. O prazo de inscrición rematará o martes 17 de decembro ás 22:00 horas.

As probas serán en horario de mañá.

Horario  Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.