I CONTROL INVERNO FGA PISTA CUBERTA

A Federación Galega de Atletismo organiza o I Control en Pista Cuberta o día 15 de decembro, na pista cuberta de Ourense en Expourense.

As inscricións faranse a través do sistema online da web da RFEA  ata as 20:00 horas do xoves 12 de decembro.

Serán probas en horario de tarde e para as categorías sub16 en diante.

Lembrade que aqueles/as atletas de segundo ano das categorías Sub 14 (2006) e Sub 16(2004), co obxectivo de que poidan conseguir as marcas mínimas de participación nos diferentes campionatos do 2020, permíteselles participar no mes de decembro nas probas coa categoría inmediatamente superior.

Circular  Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.