XLIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO

A XLIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 17 de novembro.
Esta carreira pedestre está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo, recordade que o prazo de inscrición é ata o 10 de novembro. As inscricións realizaranse a través da páxina web: www.deportesourense.com
A recollida de dorsais-chips e camisetas é o venres día 15 de novembro de 16:00h a 20:00h e o sábado día 16 de novembro de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra a feira de Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).
A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11:00 horas.
REGULAMENTO DA CARREIRA ESCOLAR-4,7 KM
Está reservada para todos/as os/as nenos/as nados/as entre os anos 2007 e 2002. Esta proba dará comezo ás 12.30 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta na rúa Pardo de Cela.
REGULAMENTO DA CARREIRA DE CATIVOS–1,4KM
Esta carreira está reservada para todos/as os/as nenos/as nados entre os anos 2008 e 2011 ambos inclusive. Esta proba dará comezo ás 13:20 horas, con saída na Ponte do Milenio.