III CLÁSICA TGM-TOLDOS GÓMEZ ARZÚA 2019

III CLÁSICA TGM-TOLDOS GÓMEZ ARZÚA 2019

O sábado 14 de setembro celebrarase a IIIª edición da clásica “Toldos Gómez” 2019, carreira popular que organizarán conxuntamente a empresa “Toldos Gómez”, o Concello de Arzúa e a Federación Galega de Atletismo. 
As probas estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Lugar de saída e meta das probas:
As probas terán a súa saída e meta na “Praza de Galiza” na localidade de Arzúa. Ubicación da mesma:  (Aquí). 
Inscricións: O prazo de inscrición abrirase o venres 19 de xullo e pecharase o mércores 11 de setembro ás 23:59 horas.
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.