CAMPIONATOS DE GALICIA ABSOLUTO A O AIRE LIBRE

 

O día 20 de xullo celébrase o LXXXVI Campionato de Galicia Absoluto Masculino e o LII Campionato de Galicia Absoluto Feminino, nas Pistas do CTGD de Pontevedra.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA  ata as 20:00 horas do martes 16 de xullo.

Limitacións de probas na categoría:

Sub 18: só poderán inscribirse nun máximo de dúas probas. No caso de participaren en dúas carreiras só poderá realizarse unha de máis de 200m.

Sub 16: só poderán inscribirse nun máximo de dúas probas do seu programa.

Os relevos 4×100 non se contarán á hora das limitacións. Os 4×400 si a nivel de distancias.

Horario Inscritos Homes Inscritos Mulleres