Galicia Bronce Campeonato Feddi

 

Estes días vense disputando o Campionato de España por Seleccións da FGDA. A nosa selección de atletismo logo dos problemas xurdidos era quen de acadar a terceira praza neste campionato.

A segunda praza obtida onte facianos soñar coa victoria, pero a derradeira xornada comezaba de xeito negativa.  A inesperada lesión de Fran no salto de lonxitude, sumada a de onte de Ramón, fixo que as nosas ilusions se foran desvanecendo.

Moi importante o esforzo feito polos atletas que quedaron e puseron o mellor de cada un para intentar sumar o maior número posible de puntos. 

Finalmente e por cuarto ano acadamos un posto no podium, a medalla de BRONCE.

Soamente cabe felicitar os deportistas, técnicos e delegado pola vosa implicación e esforzo. Noraboa.