III Ourense Milla Solidaria

III Ourense Milla Solidaria

O Club Deportivo Aurum, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e coa autorización da Federación Galega de Atletismo, organiza en Ourense a IIIª Milla Solidaria 2019.

É unha carreira pedestre de carácter popular e solidario, o recadado en concepto de inscricións será doado integramente á “Cruz Vermella Ourense”.  Desenvolverase na rúa do Paseo de Ourense, no tramo comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola RFEA no que 4 voltas completarán a distancia dunha milla, 1.609,35 m. O número de voltas e distancia a percorrer adaptaranse segundo a categoría. 

As inscricións estarán abertas do 7 de xuño ata o 19 de xuño de 2019 ás 20:30 h.

Inscripcións

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.