Rubén Diz campeón Gallego 10 k en Ruta.

Rubén Diz campeón Gallego 10 k en Ruta.

C.M.D.

A Federación Galega de Atletismo e o Concello de Xinzo de Limia organizaron este pasado domingo, en Xinzo de Limia o XIIº Campionato de Galicia sub20, sub23, absoluto e máster de 10 km Ruta. Esta proba disputouse conxuntamente coa Carreira Popular Concello de Xinzo de Limia.

O gran protagonista da proba sería Rubén Diz quen vencería cun tempo de 32:32 logrando acadar deste xeito o título de Campión galego de 10k en Ruta.

Outros atletas do clube que tomarían parte no campionato serían na categoría máster55 Saturnino González  quen cun tempo de 36:01 acadaba a primeira posición da súa categoría. Feliciano García logo de parar o crono nos 37:56 era 12º na categoría máster 35.

Xa na proba popular exclusivamente noso clube tamén estaría representado na carreira dos adultos por José Luis Novoa máster 45 que cun tempo de  47:04 era 20º , nas categorías menores Airas Vázquez no sub 10 era o gañador da proba, mentres que a súa irmá Aroa na categoría  Sub14  era 4ª clasificada.

O único atleta que participaría conxuntamente nas dúas probas sería Eliseo Fabello sendo 19º no cpto e 9º  na popular  na categoría máster 40 cun tempo de 40:32.

Resultados

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.