VIII Campionato de Galicia de Clubs Sub10 – Sub12 – Sub14

VIII Campionato de Galicia de Clubs Sub10 – Sub12 – Sub14

A Federación Galega de Atletismo organiza o Campionato de Galicia sub10, sub12 e sub14 por equipos que terá lugar no Estadio Calabagueiros de O Barco de Valdeorras, o 17de maio de 2019, en xornada de mañá ossub10 e sub12 e de tarde os sub14.

Cada atleta poderá realizar un máximode 2 probas (no caso de ser carreiras, sóunha poderá superar os 250m). Na categoría sub10 e sub12 a participación mínima será de 6 atletas e 8 probas. Nos sub14 a participación mínima será de 8 atletas e 14 probas. Permitiranse 2 participacións de clubs asociados en categoría sub10 e sub12 e 4 participacións en sub14.

Será unha competición que se desenvolverá en dobre xornada, sendo a xornada de mañá para os Sub10-12 e a de tarde para os Sub 14.

Horario Inscritos Sub 10 Inscritos Sub 12 Inscritos Sub 14

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.