IX Circuíto Correndo x Ourense – Carreira do Vinteún

IX Circuíto Correndo x Ourense – Carreira do Vinteún

O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o IX Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.

Para entrar na clasificación xeral será preciso que os atletas participen en 5 carreiras. No caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado. O prazo para inscribirse comeza o día 20 de marzo e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba. A inscrición e o dorsal son únicos para todo o Circuíto, por tanto, os/as atletas inscritos/as nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos/as para todas as restantes e deben conservar o dorsal en boas condicións.

A recollida presencial dos chips e dorsais realizarase o sábado 4 de maio no Pavillón dos Remedios de 10:00h. a 20:00h. Con carácter extraordinario poderase recoller na secretaría da primeira competición na que participe dende 90 minutos ata 30 minutos antes de que empece a primeira proba.

Reglamento

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.